Obxetivos

As actividades realizadas pola ANPA ao longo do curso responden a principios marcados nos Estatutos da propia Asociación e a obxetivos definidos polos asociados e asociadas. Así se debe falar de:

* Principio de igualdade de oportunidades.

* Integración.

* Conciliación da vida laboral e familiar.

A evolución dunha sociedade ven marcada polo nivel educativos dos seus membros e o garante desto é o Estado a través da súa política educativa.  Unha boa educación é a única vía posible para achegarnos a esa utopía (á que algúns países se están a achegar) de sociedade xusta e equitativa). Defender e favorecer accións no Colexio no que nos atopamos foi e será unha prioridade para esta ANPA. Facer deste espazo un lugar de convivencia, tamén. E sobre todo, compartir xunto con outros membros da comunidade educativa a responsabilidade da educación dos futuros cidadáns e cidadanas dende o fogar dun lado, e no colexio doutro, con propostas en positivo e exercendo o dereito  á xusta reivindicación.